DESCARGAR LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS
A LISTAXE DEFINITIVA PUBLICARASE NO MES DE MAIO
------------------------------------------------------------------------------------
Prazo de formalización de matrícula: 22 - 30 de Xuño.
HORARIO DE SECRETARÍA PARA A ENTREGA DE DOCUMENTOS
Luns 20 ao Martes 28 de Xuño
*Venres 24 é Festivo
9:00 – 14:00
Mércores 29 e Xoves 30 de Xuño
9:00-10:00
(Entregarase na SEDE DO CRA de VILABOA Toural nº 13)
DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
· Instancia Matrícula (páxinas 6-8 do documento) cuberta.
· Permiso publicación imaxe e enquisa lingua materna.
· Fotocopia cotexada da folla de inscrición no libro de familia. (Cotéxase no centro. Non é precisa se xa se entregou coa admisión)
· Fotocopia do Boletín de Vacinas.
· 2 Fotocopias da tarxeta de prestación sanitaria.
· 2 fotografías tamaño carné (co nome do neno/a escrito no reverso)
· Certificado médico de non padecer enfermidades infecto contaxiosas.
· No caso de que o neno padeza algunha enfermidade que a escola deba coñecer como a Epilepsia, Diabete ou alerxias que poidan desencadear unha anafilaxia, deberase presentar tamén un certificado médico ao respecto para incluír o neno no programa de Alerta escolar.
· No caso de familias separadas, aportarase copia do Convenio Regulador sobre Custodia e Patria Potestade.
* CÓMPRE QUE TODA A DOCUMENTACIÓN SEXA ASINADA POR ÁMBOLOS DOUS PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS. NO CASO DE FAMILIAS SEPARADAS É OBRIGATORIO ÁMBALAS DÚAS SINATURAS.