

VÍDEO REALIZADO NO MARCO DO PROXECTO REDE DE ESCOLAS NA NUBE.
UN ANO CARGADO DE NOTICIAS
PROCESO ELECTORAL PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DOS DISTINTOS SECTORES DO CONSELLO ESCOLAR do CENTRO.
ACTA RESULTADO VOTACIÓN SECTOR NAIS/PAIS
COMPOSICIÓN DEFINITIVA CONSELLO ESCOLAR (PREMEDE PARA VER A COMPOSICIÓN)
A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (LOE), modificada pola Lei 8/2013, do 9 de decembro, de mellora da calidade da educación (LOMCE), no punto 6º do artigo 126 establece que corresponde ás administracións educativas determinar o número total de membros do Consello Escolar e regular o proceso de elección. A Orde do 21 de outubro do 96 (D.O.G. do 22), de acordo co Decreto 92/1988, do 28 de abril e co Decreto 374/1996, do 17 de outubro, determina os aspectos para a elección dos membros do Consello Escolar nos centros docentes.
Por corresponderlle no curso 2014-2015 a renovación do Consello Escolar no noso Centro e, seguindo instrucións da Resolución do 19 de setembro de 2014 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (D.O.G. do 1 de Outubro), achegámoslles a información sobre o calendario electoral.
Segundo o Artigo 2º da citada Resolución a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar celebrarase ao efecto entre os días 24 e 28 de novembro, ambos os dous incluídos. Será responsabilidade da xunta electoral fixar a data definitiva das votacións, que probablemente se celebrará o martes día 25 de novembro.
Ä CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL:
A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto entre os días 3 e 7 de novembro de 2014 e estará integrada por:
· Directora do Centro: Mª Concepción Pérez Núñez
· 1 mestre/a elixido/a por sorteo público.
· 1 pai/nai/titor legal elixido por sorteo público.
Dito sorteo que será público celebrarase na escola de Bértola o vindeiro día 24 de outubro ás 9:00 h.
RESULTADO DO SORTEO-COMPOSICIÓN DA XUNTA ELECTORAL
· Presidenta: Dª Mª Concepción Pérez Núñez Director/a do Centro.
· Vogais:
- Dª Fátima Peleteiro Estévez (Mestra)
- Don Daniel Nalgo González (Pai)
Actúa como Secretaria a mestra, Dª. Fátima Peleteiro Estévez
ACTAS XUNTA ELECTORAL:
TERCEIRA ACTA
CUARTA ACTA
CANDIDATURAS MESTRES:
Mª Carmen Ramos González
NO SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS
Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do centro, segundo aResolución do 19 de setembro de 2014 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (D.O.G. do 1 de outubro de 2014, a XUNTA ELECTORAL deste colexio fai pública a relación de nomes dos candidatos que se presentan á referida elección, segundo se indica por orde alfabética de apelidos:
§ Lucía Arosa Gaspar (Escola de Figueirido)
§ Musttapha ElMoatamid (Escola de Paredes)
§ Miloud Ezzaâri (Escola de Paredes)
§ Isabel Martínez Buceta (Escola de Barciela)
§ Mª Olga Orozco Acuña (Escola de Bértola)
§ Hamadi Oulhassi(Escola de Paredes)
Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21) corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 pais/nais, dun total de tres que debe ter o Consello Escolar. Un dos dous será elidido pola ANPA do centro. O outro representante de pais/nais dos tres totais continúa como consecuencia da súa elección anterior no ano 2012.
O prazo de reclamacións ás candidaturas de pais/nais para o Consello Escolar do comprenderá dende o 18 ao 21 de novembro, ambos días inclusive.
O que se fai público para xeral coñecemento.
En Vilaboa, 18 de novembro de 2014
A DIRECTORA DO CENTRO E
PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL,
Asdo.: Mª Concepción Pérez Núñez
Nota informativa da XUNTA ELECTORAL
O Consello Escolar é o órgano a través do cal participan na xestión do Colexio os distintos membros da comunidade escolar.
1. O martes, día 25 de novembro, terá lugar a elección dos representantes dos pais e nais no citado Consello Escolar.
2. Teñen dereito ao voto a nai e o pai, ou os titores legais dos alumnos/as segundo consta nos CENSOS publicados nas Escolas.
3. Para facilitar a participación, esta Xunta Electoral decide que a votación farase nas escolas, desde as 9:00 h. ata as 9:30 h e dende as 13.30 ata as 14:00 h. do día 25, martes. Igualmente a Mesa Electoral constituirase na SEDE do CRA de 17:30 a 18:00onde poderase votar en horario de tarde. Fóra deste horario non se poderá exercer o dereito a voto.
4. Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de 1 nome dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa identidade á hora de votar, mediante exhibición do DNI ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá voto por correo.
5. Finalizada a votación, ás 18:00 procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para o seu envío á Xunta Electoral do centro.
Publicada a ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. no diario oficial de galicia a data de 15 de marzo de 2013, informamos que:
Ábrese o prazo para a realización da reserva de praza 1- 15 FEBREIRO aos centros adscritos do CRA de Vilaboa das nenas e nenos que pasan a 1º primaria: CEP Plurilingüe de Riomaior e CPI Toural.
A DOCUMENTACIÓN (ANEXO 1 da citada Orde ) DEBE ENTREGARSE
NA SEDE NO CRA DE VILABOA (Rúa Toural 13 1º)
NO SEGUINTE HORARIO:
- MARTES 3 FEBREIRO 9:00-11:00// 16:00-17:00
- XOVES 5 FEBREIRO 12:00-14:00
- MARTES 10 FEBREIRO 9:00-11:00// 16:00-17:00
- XOVES 12 FEBREIRO 12:00-14:00
NOTA: De non cubrirse as prazas reservadas para NEAE (3 postos escolares por unidade) serán adxudicadas ao resto do alumnado solicitante e publicadas nas listaxes provisionais e definitivas.
O CRA de VILABOA CONSUELO GONZÁLEZ MARTÍNEZ está adscrito ao CPI TOURAL (Bértola, Figueirido e Paredes) e ao CEP PLURILINGÜE de RIOMAIOR (Barciela e Pousada) ATENDENDO ÁS AREAS DE INFLUENCIA.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
INSTRUCIÓNS E PRAZO DE
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Xunto coa solicitude de admisión, achegarase copia do DNI do alumno ou copia da folla do libro de familia onde apareza o neno/a, e copia do DNIs dos pais/titores legais.
Martes: 9:00 – 11:00 // 16:00-17:00
Xoves: 12:00 – 14:00
Venres: 9:00-10:00
* Fóra deste horario poderá entregarse no horario de Dirección, inda que non se garante o seu cumprimento diario por mor da organización do centro.
NORMATIVA REGULADORA
A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo. Para garantir este aspecto despregaranse diversas solucións tecnolóxicas e de procedemento entre as que destaca o acceso á propia ferramenta de recollida de datos.
Acceso á enquisa profesorado:
https://www.edu.xunta.es/convdoce
Acceso á enquisa familias:
https://www.edu.xunta.es/convfamil
CRA VILABOA.
CONSUELO GONZÁLEZ MARTÍNEZ
Enderezo: Toural 13 36141 Vilaboa (Pontevedra)
Teléfono: 986 708 362 // 618 554 594
Mail: cra.vilaboa@edu.xunta.es
5 ESCOLAS
e unha Sede administrativa
DESCARGAR LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS
A LISTAXE DEFINITIVA PUBLICARASE NO MES DE MAIO
------------------------------------------------------------------------------------
Prazo de formalización de matrícula: 22 - 30 de Xuño.
HORARIO DE SECRETARÍA PARA A ENTREGA DE DOCUMENTOS
Luns 20 ao Martes 28 de Xuño
*Venres 24 é Festivo
9:00 – 14:00
Mércores 29 e Xoves 30 de Xuño
9:00-10:00
(Entregarase na SEDE DO CRA de VILABOA Toural nº 13)
DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
· Instancia Matrícula (páxinas 6-8 do documento) cuberta.
· Permiso publicación imaxe e enquisa lingua materna.
· Fotocopia cotexada da folla de inscrición no libro de familia. (Cotéxase no centro. Non é precisa se xa se entregou coa admisión)
· Fotocopia do Boletín de Vacinas.
· 2 Fotocopias da tarxeta de prestación sanitaria.
· 2 fotografías tamaño carné (co nome do neno/a escrito no reverso)
· Certificado médico de non padecer enfermidades infecto contaxiosas.
· No caso de que o neno padeza algunha enfermidade que a escola deba coñecer como a Epilepsia, Diabete ou alerxias que poidan desencadear unha anafilaxia, deberase presentar tamén un certificado médico ao respecto para incluír o neno no programa de Alerta escolar.
· No caso de familias separadas, aportarase copia do Convenio Regulador sobre Custodia e Patria Potestade.
* CÓMPRE QUE TODA A DOCUMENTACIÓN SEXA ASINADA POR ÁMBOLOS DOUS PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS. NO CASO DE FAMILIAS SEPARADAS É OBRIGATORIO ÁMBALAS DÚAS SINATURAS.
CRA VILABOA.
CONSUELO GONZÁLEZ MARTÍNEZ
Enderezo: Toural 13 36141 Vilaboa (Pontevedra)
Teléfono: 986 708 362 // 618 554 594
Mail: cra.vilaboa@edu.xunta.es
5 ESCOLAS
e unha Sede administrativa
VÍDEO REALIZADO NO MARCO DO PROXECTO REDE DE ESCOLAS NA NUBE.
Información Xeral
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
DO MARTES 1 AO VENRES 18 DE MARZO E O MARTES 29 DE MARZO (último día) Do 21 ao 28 de marzo o centro permanecerá pechado por vacacións de Semana Santa |
Oferta de postos escolares por escolas
NOTA: De non cubrirse as prazas reservadas para NEAE (3 postos escolares por unidade) serán adxudicadas ao resto do alumnado solicitante e publicadas nas listaxes provisionais e definitivas.
O CRA de VILABOA CONSUELO GONZÁLEZ MARTÍNEZ está adscrito:
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
INSTRUCIÓNS E PRAZO DE
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
ANEXO A, ANEXO II e DNI (do neno/a e os pais). De non ter DNI poderase aportar a copia da Folla do Libro de Familia.
NORMATIVA REGULADORA
DESCARGAR LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS
A LISTAXE DEFINITIVA PUBLICARASE NO MES DE MAIO
------------------------------------------------------------------------------------
Prazo de formalización de matrícula: 22 - 30 de Xuño.
HORARIO DE SECRETARÍA PARA A ENTREGA DE DOCUMENTOS
Luns 20 ao Martes 28 de Xuño
*Venres 24 é Festivo
9:00 – 14:00
Mércores 29 e Xoves 30 de Xuño
9:00-10:00
(Entregarase na SEDE DO CRA de VILABOA Toural nº 13)
DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
· Instancia Matrícula (páxinas 6-8 do documento) cuberta.
· Permiso publicación imaxe e enquisa lingua materna.
· Fotocopia cotexada da folla de inscrición no libro de familia. (Cotéxase no centro. Non é precisa se xa se entregou coa admisión)
· Fotocopia do Boletín de Vacinas.
· 2 Fotocopias da tarxeta de prestación sanitaria.
· 2 fotografías tamaño carné (co nome do neno/a escrito no reverso)
· Certificado médico de non padecer enfermidades infecto contaxiosas.
· No caso de que o neno padeza algunha enfermidade que a escola deba coñecer como a Epilepsia, Diabete ou alerxias que poidan desencadear unha anafilaxia, deberase presentar tamén un certificado médico ao respecto para incluír o neno no programa de Alerta escolar.
· No caso de familias separadas, aportarase copia do Convenio Regulador sobre Custodia e Patria Potestade.
* CÓMPRE QUE TODA A DOCUMENTACIÓN SEXA ASINADA POR ÁMBOLOS DOUS PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS. NO CASO DE FAMILIAS SEPARADAS É OBRIGATORIO ÁMBALAS DÚAS SINATURAS.